Batalla do encoro de Chosin | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra de Corea | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
ONU |
China República Popular da China Corea do Norte | ||||||
Líderes | |||||||
Estados Unidos Douglas MacArthur Estados Unidos Edward Almond Estados Unidos Oliver P. Smith |
China Mao Zedong China Peng Dehuai China Song Shi-Lun | ||||||
Forzas en combate | |||||||
Nominais: 103 520[1] Combatentes: ~30 000[2] |
Nominais: 150 000[3] Combatentes: ~67 000[4] | ||||||
Baixas | |||||||
Fontes de EE. UU.: 1029 mortos e 4894 desaparecidos 4582 feridos 7338 baixas fóra de combate[5][nota 1] 15 tanques perdidos[6] Estimación de China: 13900[7] |
A batalla do encoro de Chosin, tamén coñecida como a campaña do lago de Changjin (en chinés: 长 津 湖 战役, pinyin: Cháng Jīn Hú Zhànyì), foi unha batalla decisiva da guerra de Corea.[nota 2] Pouco despois de que a República Popular da China entrase no conflito, o Noveno Exército Popular de Voluntarios (EPV) chineses penetrou no nordés de Corea do Norte e sorprendeu ao corpo X de marines dos Estados Unidos de América. na área do encoro de Chosin.[nota 3] Ao pouco librouse unha brutal batalla de 17 días con temperaturas baixo cero. No período comprendido entre o 27 de novembro e 13 de decembro de 1950, os 30 000 soldados das Nacións Unidas (EE. UU. e os seus aliados), baixo o mando do xeneral maior Edward Almond, foron rodeados por uns 67 000 soldados chineses ao mando de Song Shi-Lun.[2][4] Aínda que as tropas chinesas eran superiores en número, as forzas da ONU conseguiron romper o cerco e retirarse, inflixindo grandes perdas no bando chinés. A evacuación das tropas estadounidenses polo porto de Hungnam supuxo a retirada total e definitiva das tropas da ONU de Corea do Norte.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/>
correspondente
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search